Páxinas

Cronoloxía

Época prerromana

Séculos III a. C. - II a. C.
Ocupación do castro de Elviña.
Ocupación do castro de Nostián.

Imperio Romano

Século II a. C.
Chegada dos romanos a Brigantium (Parrote), habitada xa polos ártabros.

Séculos I a. C. - I d. C. 
Leve romanización do castro de Elviña.
Construción no castro de Elviña da Casa da Exedra.

Século II d. C.
Abandono do castro de Elviña cara a cidade romana de Brigantium.
Construción da Torre de Hércules.

Século IV d. C.
Decadencia da cidade e ataques normandos.
A poboación trasládase ao interior da ría, no Burgo e o Temple.


409 - 585: Monarquía sueva

572
O rei Miro concede a diócese de Faro (Coruña) ao episcopado de Iria Flavia.

585 - 711: Monarquía visigoda

711 - 739: Monarquía da Alta Idade Media

791 - 843: Reinado de Afonso II

843 - 850: Reinado de Ramiro I

850 - 866: Reinado de Ordoño I

866 - 910: Reinado de Afonso III

910 - 926: Reinados de García I, Ordoño II, Froila II e Afonso Froilaz

926 - 929: Reinado de Sancho Ordóñez

929 - 931: Reinado de Afonso IV

931 - 951: Reinado de Ramiro II

951 - 956: Reinado de Ordoño III

956 - 960: Reinados de Sancho I e Ordoño IV

966 - 984: Reinado de Ramiro III


984 - 999: Reinado de Vermudo II

991
Converten a Torre de Hércules nunha fortaleza militar.
Cesión da vila ao bispo de Santiago.


999 - 1028: Reinado de Afonso V


1028-1037: Reinado de Vermudo III

1037-1065: Reinado de Sancha I

1065-1109: Reinados de García II e Afonso VI

1109-1126: Reinado de Dona Urraca

1126-1157: Reinado de Afonso VII

1157-1188: Reinado de Fernando II


1188-1230: Reinado de Afonso IX

1208
Refundación da cidade, que dependerá directamente do monarca.

1218
A igrexa de Santiago, primeiro templo católico da cidade.

1230-1252: Reinado de Fernando II

1252-1284: Reinado de Afonso X

1284-1295: Reinado de Sancho IV

1295-1312: Reinados de Fernando IV e Xoán Afonso de Borgoña (1296-1300)

1296
Constrúese o primeiro templo que acabaría por ser a Colexiata de Santa María.

1312-1350: Reinado de Afonso XI

1345
Afonso XI alóxase no convento de San Francisco.

1350-1369: Reinado de Pedro I

1369-1371: Reinado de Fernando I

1371-1379: Reinados de Henrique II e Pedro I

1379-1390: Reinado de Xoan I

1390-1406: Reinado de Henrique III

1406-1454: Reinado de Xoan II

1441
O arcebispo compostelán eleva a Igrexa de Sta. María á categoría de colexiata.

1446
Coruña recibe o título de cidade por parte do rei.


1454-1474: Reinado de Henrique IV


1474-1504: Reinado de Isabel I

1475
Construción da igrexa de San Cristovo das Viñas.

1486
Catarina de Aragón embarca no porto coruñés para casar con Henrique VIII.

1491
Fundación do convento de Santa Bárbara.


1504-1516: Reinado de Xoana I e Filipe I



1516-1556: Reinado de Carlos I

1520
Carlos I de España convoca Cortes na igrexa de San Francisco.
Carlos I de España embarca no porto coruñés para ser proclamado emperador xermano.

1529
Concesión da Casa da Especiaría e permiso para comerciar coas Indias.

1531
Derruban por ameaza de ruína as torres da igrexa de Santiago.

1554
O futuro rei Filipe II embarca no porto coruñés para casar con María Tudor.

1564
Autorización para a construción da canalización da auga entre Vioño e a Cidade Baixa.


1556-1598: Reinado de Filipe II

1578
Instalación definitiva da Real Audiencia de Galicia na cidade.

1587
Comeza a construción do Castelo de San Antón.

1588
Parte a Armada española cara Gran Bretaña.

1589
María Pita lidera a expulsión da Armada británica da cidade.
Destrución das igrexas de San Nicolao e San Francisco por mor do asedio británico.

1592
Restauración da capela (daquela igrexa parroquial) de Oza.


1598-1621: Reinado de Filipe III

1607
Nova torre e reforma da ábsida da igrexa de Santiago.

1613
Apertura ao culto da igrexa de San Domingos.

1620
Creación da Escuela de los Muchachos del Mar.


1621-1665: Reinado de Filipe IV

1621
Comeza a funcionar a Escola de Navegación no templo de Santo André.

1636
Comeza a construción do castelo de Valparaíso en Eirís.

1640
Doazón da antiga residencia dos Condes de Montaos á Real Hacienda (futuro Goberno Militar).

1651
Lume na igrexa de San Francisco por mor do estoupido da polvoreira de San Carlos.

1665
Conclúe a construción do castelo.


1665-1700: Reinado de Carlos II

1673
Os Xesuítas establécense na cidade cun colexio e unha residencia.

1682
Comeza a rehabilitación da Torre de Hércules como faro.

1683
As Capuchinas establécense na cidade.

1688
Reformas e consolidación da igrexa de San Nicolao.
Construción da igrexa das Capuchinas, de estilo barroco.

1689
Establecemento do correo anglo-español entre Coruña e Falmouth.

1700-1746: Reinados de Filipe V e Luís I (1724)


1716
Creación da Intendencia General de Galicia.

1722
Construción da Arqueta dos Frades en San Pedro de Visma para o fornecemento de auga.

1725
Construída a primeira igrexa de San Xurxo, en Rego de Auga.
Reforma do edificio da Real Hacienda, convértese en sede da Intendencia e Tesourería do Reino.

1740
Reconstrución da igrexa de San Nicolao en estilo barroco.


1746-1759: Reinado de Fernando VI

1746
Os Franciscanos comezan a construción da capela da Venerábel Orde Terceira.


1752
Conclúen as obras do Palacio da Capitanía e Real Audiencia, de estilo barroco.
Trasaldo da Real Maestranza de Artillería, de Fco. Llovet, á traseira do convento de San Domingos.


1759-1789: Reinado de Carlos III

1760
Conclúen o Palacio Cornide.

1761
Construción do hórreo -aínda en pé- da Rúa Antonio Ínsua Rivas, San Vicente de Elviña.

1764
Instalación dos Reais Correos Marítimos con América.

1771
Ampliación do cuartel da Real Maestranza de Artillería, proxecto de Baltasar Ricaud.

1775
Creación do Arquivo do Reino de Galicia.

1776
Fundación do Banco Pastor co nome de Javier Dalmau y Cía.

1777
Remátase o retablo da capela da Venerábel Orde Terceira, de Antonio de Paredes.

1778 
O porto da Coruña é autorizado de novo a comerciar con América. 
Comeza a construción das Casas de Paredes.

1779
Afectada a igrexa de Santiago por un gran lume que obrigará a fondas reparacións.
Construción da Casa do Consulado na Rúa Panadeiras, de Martín Cermeño e García de Paredes.

1780
Construción do predio da Intendencia de Rendas e Aduanas, hoxe Subdelegación del Gobierno.

1785
Creación do Real Consulado Marítimo e Terrestre.


1789-1808: Reinado de Carlos IV

1786
Conclúen definitivamente as obras do convento de Santa Bárbara.

1790
Constrúese o Servizo de Correos Marítimos das colonias.

1791
Conclúe a rehabilitación da Torre de Hércules, a cargo de Eustaquio Giannini.
Teresa Herrera funda o Hospital da Caridade.
Fernando Rodríguez Romay proxecta a Fonte da Fama.

1793
Real Consulado Marítimo e Terrestre adquire o predio da Rúa Panadeiras.

1797
Construción da batería militar de Oza.

1803
A Expedición Balmis-Salvany parte cara América.

1804
Comeza a produción na Real Fábrica de Tabacos.

1808
Levantamento de Sinforiano López contra a invasión francesa.


1808-1813: Ocupación francesa

1809 
Batalla de Elviña.

1813-1833: Reinado de Fernando VII

1813
Inauguración do cemiterio de San Amaro.

1815
Pronunciamento de Juan Díaz Porlier.

1820
Apoio ao pronunciamento liberal do xeneral Rafael del Riego.

1830
Construción da fábrica de vidro La Coruñesa.


1833-1870: Reinado de Isabel II e Goberno de Serrano

1833
Designación como capital provincial.

1834
Construción da capela do cemiterio de San Amaro, de Alejo Andrade Yañez.

1835
A igrexa de San Xurxo abandona o soar do futuro Teatro Principal.
Exclaustración e conversión do convento de San Francisco en cárcere e instalación militar.

1837
Derruban a igrexa de San Xurxo en Rego de Auga.

1838
Establecemento da Casa do Concello no antigo convento de Santo Agostiño.
Apertura da primeira casa de baños.

1841
Apertura do Teatro Rosalía de Castro como Teatro Principal.

1846
Juan Flórez elixido alcalde por primeira vez.

1847
Fundación da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (Círculo de Artesáns).

1851
Inauguración en Zalaeta da primeira praza de touros.
Juan Flórez volve ser elixido alcalde.

1853
Construción da igrexa parroquial de San Pedro de Visma, de Faustino Domínguez.

1854
Juan Montero elixido alcalde durante o "Bienio Progresista".

1855
Construción da fábrica de gas.

1857
Fundación do Banco de La Coruña.
Isabel II coloca a primeira pedra da estación da Cía. dos ff. cc. do Norte.

1859
Comeza a construción en Moinelos da nova igrexa parroquial de Sta. María de Oza.

1861
Conclúen a actual fachada da igrexa de San Nicolao.

1862
Apertura do primeiro centro de ensinanza secundaria no Palacio dos Marqueses de Camarasa.

1863
Conclúen a nova igrexa parroquial de Santa María de Oza.

1864
Construción do cuartel militar de Atocha.

1867
Un lume arrasa o Teatro Rosalía de Castro.

1868
Reconstrución e reapertura do Teatro Rosalía de Castro.

1869
Inauguración do Peirao de Ferro.


1870-1874: Reinado de Amadeo I e I República

1871
Comeza a súa actividade o Colexio Dequidt, na Rúa Real.
Fundación da fábrica de chocolates La Española.

1872
Federico Tapia republicano, é elixido alcalde.
Visita de Amadeo I, rei de España.

1874
Apertura na Coruña da primeira sucursal galega do Banco de España.


1874-1885: Reindo de Afonso XII

1876
Fundación da primeira Caixa de Aforros.
Inauguración dunha nova praza de touros no Campo de Marte.
Os Xesuítas fanse cargo do convento de San Domingos.

1879
Protexen os Xardíns de Méndez Núñez cun valado deseñado por Pedro Mariño.

1880
Clausura da praza de touros do Campo de Marte.
Ampliación da fábrica de gas.

1882
Fundación do xornal La Voz de Galicia.
Fundación da empresa textil Primera Coruñesa de Hilados y Tejidos.
Fundación da Artística, dedicada á estampación de folla de lata.
Traslado da Fonte da Fama desde a Rúa da Fama á Praza de Santo André.

1883
Chegada do ferrocarril por primeira vez á estación da Cía. Norte.

1884
Construción en ferro do palco da música, de Juan de Ciórraga.



1885-1902: Rexencia de María Cristina

1885
Enrique Dequidt releva a seu pai Luis e traslada o centro á R/ Juana de Vega.
Inaugúrase na Avenida de Fisterra a Praza de Touros, obra de Juan Ciórraga.
Novo Plano do Ensanche, de Juan de Ciórraga.

1886
Fundación da Cociña Económica.

1888
Inauguración do Lazareto Marítimo de Oza.

1889
Inauguración do Instituto Eusebio da Guarda, de Domínguez Coumes-Gay.
O arcebispado compostelán cede a capela de Oza ao Lazareto.

1890
Inauguración do cemiterio de Santa María de Oza.
José Marchesi elixido alcalde por primeira vez.
Inauguración da nova igrexa de Santo André, de Domínguez Coumes-Gay.
Fundación do Sporting Club Casino de La Coruña na Rúa Real.

1891
A familia Ruiz Picasso chega a Coruña.
Antonio Pérez-Dávila elixido alcalde por primeira vez, logo de ter sido alcalde de Santiago.

1892
Pablo Picasso matricúlase en Belas Artes, no Instituto E. da Guarda.

1893
Inauguración do Obelisco do Cantón Grande. 
José Marchesi volve ser elixido alcalde.
Fúndase a Xunta de Defensa da Coruña.
José Soto Glez. elixido alcalde por primeira vez.

1894
Conclúe a construción da Praza de María Pita.
Enlousado da Rúa Real.

1895
Primeira exposición de Pablo Picasso no nº 20 da Rúa Real.
Antonio Pérez-Dávila elixido alcalde por última vez.
Luis Argudín Bolívar elixido alcalde por primeira vez.
Inauguración no Cantón Grande do Obelisco en homenaxe a Aureliano Linares Rivas.

1896
José Sellier realiza as primeiras proxeccións de filmes na cidade.
Inauguración do monumento a Daniel Carballo nos Xardíns de Méndez Núñez.

1897
Morre Eusebio da Guarda. 
Morre José Sánchez Bregua, o seu enterro será unha das primeiras filmacións.
Alfredo Bermúdez de Castro elixido alcalde durante ese único ano.
Fermín Casares Teijeiro, do Partido Liberal, elixido alcalde.

1898
Inauguración das Escolas Eusebio da Guarda, de Domínguez Coumes-Gay.
Reapertura da Cociña Económica.

1899
Rodríguez Trujillo elixido alcalde.

1900
O Colexio Dequidt trasládase ao Camiño Novo no. 96, hoxe Rúa Juan Flórez.
Rodríguez Trujillo abandona a alcaldía por motivos de saúde.
Luis Argudín Bolívar elixido alcalde por segunda vez.

1901
Comezan as obras do Mercado Municipal Eusebio da Guarda na Praza de Lugo. 
Derruban o Teatro Circo Coruñés.
Inauguración da ponte de ferro da Pasaxe.


1902-1931: Reinado de Afonso XIII

1902
Abre ao culto a igrexa neogótica dos Xesuítas na Rúa Juana de Vega.
Luis Argudín Bolívar elixido alcalde por segunda vez.

1903
Inauguración do Teatro Circo Emilia Pardo Bazán. 
Primeira liña de tranvía (tracción animal), Porta Real - Estación FF. CC. 
Pedro Mariño proxecta o Dispensario Antituberculoso (Casa do Sol).
José Soto Glez. elixido alcalde por segunda vez, só por catro meses.
Francisco Mariño elixido alcalde.

1904
Incio das obras do Palacio Municipal de María Pita.
Fundación do R. C. Coruña de fútbol.
Fundación da Sociedad Filarmónica

1905
Morre o alcalde Francisco Mariño.
José Sánchez Anido, do Partido Liberal, elixido alcalde.

1906
Fundación do R. C. Deportivo de La Coruña 
Fundación do produtor de cervexa Estrella Galicia - Hijos de Rivera.
Fundación da Real Academia Galega da Língua.
Conclúen o segundo campanario da igrexa de San Xurxo.

1907
Rematan as obras para construír a Dársena da Mariña.

1908
Enterro do poeta Curros Enríquez. 
Apertura do Cine París.

1909
Javier Ozores Pedrosa elixido alcalde.
José Sánchez Anido, do Partido Liberal, elixido alcalde por segunda vez.

1910
Inauguración do Mercado Municipal Eusebio da Guarda, obra de Pedro Mariño.
José Folla Yordi elixido alcalde.
A capela de Oza é cedida ao Sanatorio Marítimo.

1912
Anexión do Concello de Oza. 
Inauguración do monumento a Aureliano Linares Rivas na Rosaleda. 
Morren Enrique Dequidt e Juan Fernández Latorre. 
Constrúese o Kiosko Alfonso, de Rafael González Villar.

1913
Electrificación do sistema tranviario. 
Abre ao culto a igrexa parroquial de Santa Lucía, no Ensanche.
Javier Ozores Pedrosa elixido alcalde por segunda vez.

1914
Inauguración do primeiro Observatorio Meteorolóxico con edificio de seu.

1915
Inauguración das Escolas Labaca, obra de Leoncio Bescansa. 
Peche e derrubamento do Teatro Circo Emilia Pardo Bazán. 
Derruban o Peirao de Ferro. 
Construción da Casa Molina, de Rafael González Villar. 
Inauguración do Monumento a Concepción Arenal, de Rafael González Villar.
Manuel Mª Puga y Parga "Picadillo", resulta alcalde por un breve período de tempo.
Manuel Casás Fernández elixido alcalde por primeira vez.

1916
Inauguración da estatua de Emilia Pardo Bazán. 
Primeira asemblea das Irmandades da Fala e publicación de A Nosa Terra.

1917
Fundación do xornal El Ideal Gallego.
Manuel Mª Puga y Parga "Picadillo" elixido alcalde.
Santiago Casares Paz, do Partido Republicano Federal, elixido alcalde.
Entra en servizo o faro de Oza.

1918
Gerardo Abad, do Partido Radical, elixido alcalde.

1919
Un lume acaba co Pavillón Lino.
Juan González Rodríguez, republicano, elixido alcalde por primeira vez.
Disolución do R. C. Coruña de fútbol.

1920
Inauguración do Teatro Linares Rivas, de Leoncio Bescansa. 
Apertura do Salón Cine Doré. 
Graves danos na Fábrica de Tabacos por mor dun lume.
Antonio Lens elixido alcalde por primeira vez.

1921
Juan González Rodríguez elixido alcalde por segunda vez.
Traslado a Sada da Terraza de madeira.

1922
Inauguración da liña de tranvía a Sada. 
Maximiliano Asúnsolo Linares Rivas designado alcalde por primeira vez.
Inauguración da nova Terraza, de Antonio de Mesa e Pedro Mariño.

1923
Francisco Ponte Blanco elixido alcalde.
Rematan as obras do Atlantic Hotel, de Luciano Delage y Villegas. 
Apertura da fábrica de calzados de Ángel Senra.
Laureano Martínez Brañas designado alcalde.

1924
Victoriano Suances Pelayo elixido alcalde.
Nova e definitiva sede, entre as rúas Socorro e Cordelería, para a Cociña Económica.

1925
Inauguración da sede do Banco Pastor, de Antonio Tenreiro.
Manuel Casás Fernández elixido alcalde por terceira e última vez.

1926
Construción da Casa Barrié, de Antonio Tenreiro. 
Inauguración da actual sede do Banco de España, de José Astiz. 

1927
Inauguración do Palacio Municipal de María Pita, de Pedro Mariño. 
Afonso XIII coloca a primeira pedra da nova estación do tren. 

1928
Inauguración do Hospital Materno-Infantil Labaca, de Leoncio Bescansa.
Inauguración das vivendas unifamiliares do Campo de Marte.

1929
Inauguración do Pavillón das Colonias, de Pedro Mariño, no Sanatorio de Oza. 
Inauguración do novo cárcere provincial, péchase a do Parrote. 
Rematan as obras do Palacio de Xustiza, de Antonio Palacios.

1930
El Pote abre como ferretería na Praza de Pontevedra.
Maximiliano Asúnsolo Linares Rivas designado alcalde por segunda vez.
Inauguración da nova sede da Cociña Económica, de Pedro Mariño.


1931-1939: II República e Guerra Civil

1931
Antonio Lens Vieira elixido alcalde por segunda vez, primeiro alcalde da II República.
Finalización do edificio de Correos y Telégrafos no porto. 
Apertura do Cine Savoy, de estilo Art-Decó.
Prenden lume á igrexa dos PP. Capuchinos.
Ángel Senra elixido alcalde, dimite ese mesmo ano por motivos de saúde.
Juan González Rodríguez elixido alcalde por terceira e última vez.

1932
Fundación da compañía enerxética Electra Popular Coruñesa. 
Inauguración do Mercado Municipal de Santo Agostiño, obra de Antonio Tenreiro.
Morre Ángel Senra.
Peche a fábrica de calzados de Ángel Senra.
Manuel Iglesias Corral, da ORGA, elixido alcalde.

1933
Atentado con explosivo na igrexa de Santo André.
Os anarquistas prenden lume á igrexa de San Vicente de Elviña.
Inauguración da batería militar no Monte de San Pedro.

1934
Inauguración do monumento a Curros Enríquez, de Asorey.
Inauguración da futura sede da Delegación Provincial de Facenda, de J. M. Durán Loriga. 
Apertura do Cine España na Falperra. 
Alfredo Suárez Ferrín, do Partido Republicano Radical Socialista, elixido alcalde.
Atanagildo Pardo de Andrade elixido alcalde.
Reconstrución da igrexa de San Pedro de Visma após dun lume intencionado.

1935
Inauguración da Estación de Servizo de Catro Camiños, de Antonio Tenreiro. 
Remátase a nova estación de tren de San Cristovo, de Antonio Gascué Echeverría. 
Apertura do Cine Hércules na Rúa San Xosé.
José Fandiño Arrojo elixido alcalde.

1936
Derruban a "casa gótica", último predio civil da Idade Media que se conservaba. 
Confiscación de Electra Popular Coruñesa.
Alfredo Suárez Ferrín, agora no Frente Popular, volve ser elixido alcalde.
Comeza en Riazor a construción da Escola de Maxisterio, de Antonio Tenreiro.
Fusilamento de Alfredo Suárez Ferrín.
José Fuciños Gayoso desigando alcalde.

1937
As Escolas Eusebio da Guarda convértense en fábrica de armas. 
Derrubamento do Teatro Linares Rivas para construír o Cine Avenida.
Hernán Martín de Barbadillo desigando alcalde.
Juan González Regueral designado novo alcalde.
A igrexa de Santo André é cedida aos militares, de aí que se lle chame "castrense".

1938
O pintor Fernando Álvarez de Sotomayor é designado alcalde.

1939
Apertura do Cine Coruña na Rúa Galeira.
José Pérez-Ardá designado alcalde por primeira vez.


1939-1975: Ditadura do xeneral Francisco Franco

1940
Comezan as obras de La Solana.
José Crespo López-Mora designado alcalde.

1941
Inauguración do Cine Avenida, de Rafael González Villar. 
Creación do Instituto Masculino.

1942
Inauguración de La Solana, de Santiago Rey Pedreira.
José Pérez-Ardá designado alcalde por segunda vez.
A Terraza deixa de proxectar filmes.

1943
Comezan as obras do Gran Hotel Finisterre. 
Estrea da nova estación coa apertura do Santiago-Coruña (liña Zamora-Coruña). 
Fundación da cía. eléctrica FENOSA. 
Construción no Peirao do Leste da Fábrica de Xeo, de Santiago Rey Pedreira.

1944
Inauguración do Estadio Municipal de Riazor, obra de Santiago Rey Pedreira. 
Fusión das Caixas de Aforros da Coruña e Lugo.

1945
Apertura do Cine Ciudad. 
Apertura do Gran Hotel Finisterre, de Santiago Rey Pedreira. 

1946
Primeiro Trofeo Teresa Herrera de fútbol.
Eduardo Ozores Arráiz desigando alcalde.

1947
Excávase o castro de Elviña, baixo dirección de Jose Mª Luengo e Luis Monteagudo.
Designación de Alfonso Molina como alcalde.
Inauguración do IES Salvador de Madariaga como Instituto Masculino.

1948
Inauguración do Teatro Colón. 
Primeira liña de trolebús: Pza. Pontevedra - Moinelos. 
Proxecto definitivo da Ronda de Outeiro, de Jacobo Rodríguez-Losada.

1949
Apertura do Cine Equitativa na Praza de Vigo.
Visita do Rei Abdullah I de Xordania co ditador Franco.

1950
Primeiro trolebús Coruña - Carballo.
O Hospital Labaca pasa a ser propiedade municipal.
Comeza a construción do Palacete de Sta. Margarida, futura Casa das Ciencias.

1951
Inauguración do hospital xeral nas Xubias que logo transformarían no Teresa Herrera.
Apertura da liña ferroviaria entre Santiago e Ourense como parte do Zamora-Coruña.

1952
Apertura completa da liña ferroviaria Zamora-Coruña, coñecida como o "Directo".
Fundación do club de balonmán OAR Ciudad 1952.
Fundación de UTECO, xermolo de Leyma.

1953
Aprobación do anteproxecto para a construción do aeroporto en Alvedro, Culleredo. 

1954
Inauguración do edificio de Junta de Obras del Puerto (Autoridad Portuaria).
Creación da nova parroquia Nosa Señora do Carme nos Castros.

1955
Constrúese a Torre Golpe, de Santiago Rey Pedreira. 
Fundación da construtora de infraestruturas Arias.

1956
Remate das obras do Arquivo do Reino de Galicia, obra de Antonio Tenreiro.
Último servizo dos tranvías entre Coruña e Sada.  

1957
Inauguración da Avenida de Alfonso Molina (novo trazado da N-550).
Apertura do Playa Club na praia de Riazor.
Rodaxe do filme Camarote de Lujo.

1958
Morte en Brasil e enterro na cidade de Alfonso Molina. 
Derrubamento do Mercado da Guarda orixinal e construción dun novo. 
Inauguración das novas instalacións da Fábrica de Armas en Palavea. 
Traslado do xornal La Voz de Galicia desde Porta Real a Catro Camiños.

1959
Designación de Sergio Peñamaría de Llano como alcalde.
Estrea do filme Camarote de Lujo, de Rafael Gil.

1960
Inauguración da fábrica de BEGANO/Coca-Cola, de A. Fernández-Albalat. 
Rematan a Lonxa do Gran Sol no porto, de Eduardo García de Dios e Félix Calderón.

1961
Recupéranse as Escolas Eusebio da Guarda para a docencia. 
Inauguración da fábrica de alumnio na Agrela, hoxe propiedade de Alcoa
Inauguración do Real Club de Golf de La Coruña no monte da Zapateira.
Rematan as 12 vivendas para Aluminio de Galicia en Bens, de Barbero e de la Joya.

1962
Retirada definitiva da última liña de tranvías.
Inauguración da Central Lechera na Ponte da Pedra.
UTECO comeza a vender baixo a marca Leyma.

1963
Desiganción de Eduardo Sanjurjo de Carricarte como alcalde.
Ábrese por primeira vez ao tráfico o aeroporto de Alvedro. 
Creación do Polígono Industrial da Agrela. 
Inauguración da fonte de Catro Camiños.
Peche do faro de Oza.

1964
Traslado da igrexa de San Francisco a Santa Margarida. 
Inauguración da refinería de derivados do petróleo en Bens. 
Inauguración do "andén" que comunicaba as praias de Orzán e Riazor.
Apertura do concesionario SEAT, de A. Fernández-Albalat.
Apertura do Hotel Riazor.
Apertura ao culto da igrexa de San Pedro de Mezonzo en Castiñeiras.
Apertura ao culto da igrexa de San Tomé en Monte Alto.
Apertura en Cidade Xardín do primeiro centro de Aspronaga.
Derruban na Rúa Juan Flórez a fábrica de tecidos La Primera Coruñesa.

1965
Primeira liña de bus da Cía. de Tranvías: Pza. Pontevedra - Pte. Pasaxe. 
Inauguración do convento dos PP. Pasionistas, de A. Fernández-Albalat. 
Remátase o Edificio Pou na Rúa Fernando González, de Miguel Fisac.

1966
Designación de Demetrio Salorio Suárez como alcalde.
Pecha o Cine Savoy. 
Créase a Fundación Pedro Barrié de la Maza. 
Comezan os recheos que fan desaparecer a praia do Parrote. 
Remátase a Torre Siso en Riazor, de Santiago Rey Pedreira.
Primeira misa en galego, na igrexa das Capuchinas, a cargo de Manuel Espiña.

1967
Abren os grandes almacéns El Pote na Rúa Juan Flórez, de A. Fernández-Albalat. 
Derrubamento dos hoteis Atlántico e Palas. 
Inauguración do Dique de Abrigo. 
Inauguración da Unidade Veciñal nº3 (Barrio das Flores), de Jose Antonio Corrales. 
Inauguración da sede da SR Hípica da Coruña, de A. Fernández Albalat. 
Construción das Torres de San Xaime na Sgda. Familia, de C. Meijide e M. Gallego.
Fundación do colexio concertado laico Liceo La Paz.

1968
Apertura dos grandes almacéns Barros na Rúa Torreiro. 
Apertura ao culto en Monte Alto da nova igrexa de San Xosé, de Jacobo Losada Trulock.
Lume e derrubamento da Estación de Norte. 
Comeza a construción da Avenida Salgado Torres. 
Derrubamento dos pórticos do fondo do Estadio de Riazor. 
Comeza a construción do Palacio Municipal dos Deportes de Riazor. 
Comeza a ampliación do Peirao de Linares Rivas. 
Conclúe o recheo do Parrote e ampliación de La Solana. 
Inauguración do Castelo de San Antón como museo arqueolóxico. 
Rematan o novo Colexio Sta. María do Mar nas Xubias, de Miguel Fisac.

1969
Pechan as salas de cine España, Doré e Savoy.
Inauguración na Praza de Vigo do primeiro aparcamento soterrado.
José Pérez-Ardá designado alcalde por terceira e última vez.
Inauguración e apertura do IES Monelos.
Inauguración nas Xubias do hospital privado San Rafael.

1970 
Probas de carga nos novos viadutos de Linares Rivas e Catro Camiños. 
Pecha o Cine Ideal da Gaiteira.
Inauguración do Palacio Municipal dos Deportes de Riazor, de Santiago Rey Pedreira.

1971 
Un lume arrasa a fábrica de mobles de Emilio Cervigón no Orzán. 
Comeza a construción do Polígono do Ventorrillo. 
Último trolebús entre Coruña e Carballo, entón a liña máis longa de Europa. 
Finalización da Torre Galicia, de Manuel Gallego. 
Pecha o Cine Ciudad. 
Morre Pedro Barrié de la Maza.

1972
Inauguración da nova Residencia Sanitaria Juan Canalejo, de Martín J. Marcide Odriozola. 
Traslado da fábrica de Estrella Galicia ao Polígono Industrial da Agrela.
Fundación do Hockey Club Liceo.
Inauguración da Casa do Mar, anexa ás instalacións da Fábrica de Tabacos.

1973
Comezo das obras da Torre Costa Rica ou Torre Hercon. 
Inauguración da ETS de Arquitectura da Coruña, adscrita daquela á USC. 
Pechan as salas de cine Hércules e Monelos
Tráxico accidente da aeroliña Aviaco en Montrove, Oleiros. 
Rematan as 38 vivendas en Juan Flórez con Fernando González, de Carlos Meijide.
Bota a andar o polígono de Po. Co. Ma. Co., coa construción da nave de Torres y Sáez.

1974 
Rematan grupo de vivendas en Concepción Arenal e Primavera, de Vázquez Molezún.
Jaime Hervada Fernández España é desigando alcalde.


1975-2014: Reinado de Xoan Carlos I

1975 
Apertura da primeira tenda Zara, na Rúa Juan Flórez. 
Finalización da Torre Costa Rica ou Torre Hercón, de Jose A. Franco Taboada. 
Finalización da Torre Trébol, de Carlos Meijide. 
Inauguración do Mercado Municipal das Conchiñas.
Rematan  en San Vicente de Elviña o novo colexio dos Maristas, de Alejandro de la Sota.
Restauración da antiga residencia de Emilia Pardo Bazán, sede da RAG.

1976
Lume e afundimento do petroleiro Urquiola. 
Xoan Carlos I inaugura a Avenida do Exército (N-VI). 
Remátase o Centro Oceanográfico da Coruña, de Vicente Roig Forné.
José Manuel Liaño Flores é designado alcalde.
Inauguración do museo dos reloxos no Palacio Municipal de María Pita.
Inauguración do encoro de Cecebre, Cambre, para asegurar o fornecemento de auga potábel.
O colexio dos Maristas estrea as novas instalacións e abandona o Ensanche.

1977
Inauguración oficial do Parque de Santa Margarida.
Desaparece a figura do sereno na cidade, os últimos membros ingresan na Policía Local.
O cuartel militar de Atocha afectado por un lume.
Creación da Confederación de Empresarios da Coruña.
Apertura do colexio privado Obradoiro no lugar de Feáns.

1978
Berta Tapia resulta alcaldesa pola demisión de J. M. Liaño Flores.
Inauguración da nova ponte da Pasaxe. 
Fundación de Caixa Galicia por fusión das caixas da Coruña-Lugo e Ferrol. 
Pecha o Cine Finisterre.
Comeza a disputa pola capitalidade entre Coruña e Santiago.
Traslado do arquivo histórico municipal á antiga Delegación Provincial de Facenda, en Durán Loriga.

1979
Domingos Merino, do PSG, elixido alcalde co apoio do PSOE, POG e  BN-PG. 
Cese dos servizos de trolebús. 
Inauguración do primeiro tramo da AP-9: Barcala (Cambre) - Santiago Norte.
O Concello expropia os terreos da Cidade Deportiva da Torre, promovida polo Deportivo.
Preséntase o proxecto de reforma do Estadio Municipal de Riazor cara o Mundial de Fútbol 1982.
Traslado da fábrica de Leyma ao polígono industrial de Sabón, Arteixo.

1980
Inauguración do cemiterio de Feáns. 
Inauguración do Mercado Municipal de Santa Lucía, de Manuel Gallego.
Manuel Jove funda o grupo inmobiliario Fadesa.
Integración da Caixa de Aforros de Santiago en Caixa Galicia.
Apertura do vertedoiro de RSU de Bens.

1981
Prospera a moción de censura a Domingos Merino, Joaquín López (UCD) elixido alcalde.
Apertura do centro asociado da UNED.
Actuación dos Ramones no Palacio dos Deportes de Riazor.

1982
Asemblea constituínte do Bloque Nacionalista Galego no Frontón Municipal de Riazor. 
Celebración de varios partidos do Mundial de Fútbol de seleccións en Riazor.

Manifestación en prol da capitalidade galega para Coruña.
As monxas abandonan o convento das Capuchinas.
Integración da Caixa de Aforros Provincial de Lugo en Caixa Galicia.

1983
Francisco Vázquez elixido alcalde por maioría absoluta do PSOE. 
Fusión de FENOSA con Unión Eléctrica Madrileña
Inauguración do Centro de Cálculo e Servizos de Caixa Galicia, de A. Fdez. Albalat. 
Inauguración da nova Escola de Belas Artes Pablo Picasso, de Jose Antonio Corrales.

1984
Furacán Hortensia. 
Inicio das obras para o aparcamento e peonalización da Praza de María Pita. 
Inauguración do tramo da AP-9 Coruña-Barcala.

1985
Amancio Ortega crea o holding Inditex con sede en Sabón, Arteixo. 
Inauguración do museo e planetario Casa das Ciencias, de Felipe Peña. 
Inauguración do Conservatorio de Música, de A. Fernández-Albalat. 
Apertura de Alcampo, o primeiro hipermercado. 
Apertura do primeiro Carrefour como Continente. 
Apertura dos Multicines Chaplin na Ronda de Outeiro. 
Inauguración do Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera. 
Inauguración do Museo de Arte Sacra, de Manuel Gallego.
Abortan o magnicidio planeado contra os xefes do Estado e Goberno na cidade.
RTVE instálase na Terraza. 

1986
Apertura dos primeiros grandes almacés El Corte Inglés na cidade. 
Pecha o Cine Coruña
Créase a Fundación Paideia, promovida por Rosalía Mera.
Inauguración do monumento a Alfredo Suárez Ferrín nos xardíns de Méndez Núñez.
Integración da Caixa Rural da Coruña en Caixa Galicia.
Inauguración do Mercado Municipal de Monte Alto.
O HC Liceo logra o campionato de liga.

1987
Francisco Vázquez reelixido alcalde por marioría absoluta do PSOE. 
Inauguración do Centro Comercial Cuatro Caminos, o primeiro da cidade. 
Inauguración do Casino Atlántico nos Xardíns de Méndez Núñez.
Inauguración nas Xubias da discoteca Pachá.
Peche dos grandes almacéns Barros
Remate das obras na Praza de María Pita. 
Atentado do EGPGC a unha sucursal do Banco Pastor na Avenida de Oza. 
Ampliación das Escolas Labaca, de Joaquín Fernández Madrid.
Traslado da UNED á Praza de Nosa Señora da Sagrada Familia.

1988
Asasinato do empresario Claudio Sanmartín por parte dos GRAPO.
Inauguración da Praza de Pablo Iglesias no Castrillón.
Inauguración e apertura do IES Monte das Moas.
Inauguración no Polígono Industrial da Agrela do novo matadeiro municipal.
Inauguración da Praza do Humor.
Augusto César Lendoiro accede á presidencia do RC Deportivo de La Coruña.
Integración da Caixa Rural Provincial de Ourense en Caixa Galicia.

1989
Inauguración do Palacio da Ópera, daquela como Palacio de Congresos. 
Apertura definitiva do último tramo da Avenida de Arteixo. 
Fundación da Universidade da Coruña.
familia Moratiel Villa doa ao Concello un hórreo tipo Morrazo, instalaráno en Sta. Margarida.

1990
Reapertura ao tráfico aéreo do aeroporto. 
Cese da proxección de filmes no Teatro Rosalía de Castro. 
Inauguración do Club Universitario no Dique de Abrigo, de Noguerol e Díez.
Comezo das obras do aparcamento soterrado e paseo marítimo Orzán-Riazor.
Actuación de Prince no campo de fútbol do Colexio Santa María do Mar.

1991
Francisco Vázquez reelixido alcalde por maioría absoluta do PSOE. 
Inauguración do recinto municipal multiusos Coliseum. 
Inauguración do novo Peirao de Transatlánticos. 
Rematan a Residencia Torrente Ballester para a 3ª Idade, de A. Franco Taboada.

1992
Afundimento do petroleiro Aegean Sea en Punta Herminia. 
Creación da Orquesta Sinfónica de Galicia
Apertura do Museo Militar Rexional. 
Apertura da primeira tenda deo deseñador Antonio Pernas.
Reapertura do Cine Equitativa como muticine. 
Inauguración da sede de REE en Zalaeta, de Andrés Perea Ortega.
Inauguración e traslado definitivo da UNED á Cidade Escolar.
Inauguración do monumento a Simón Bolívar en Penarredonda.
Inauguración do paseo marítimo Orzán-Riazor.
Conclúe a unión da Coruña con Vigo e Pontevedra pola AP-9.
Integración da Caixa Rural de León en Caixa Galicia.
Actuación de Frank Sinatra no Coliseum.

1993
Inauguración do Museo Domus ou Casa do Home, de Arata Isozaki e César Portela. 
Inauguración do Parque Europa. 
Apertura ao tráfico da autoestrada AG-55 Coruña-Laracha. 
Inauguración da Facultade de CC. da Información, de A. Fernández-Albalat.
Rehabilitación da capela de Oza.
Enterro de Ramón Valcarce Vega, "o cura das Encrobas".
Apertura do Hotel Tryp María Pita, hoxe da cadea Meliá.

1994
Apertura do último tramo da Ronda de Outeiro, entre o Peruleiro e Labañou. 
Inauguración da peonalización da Rúa Barcelona. 
Inauguración da nova praia artificial de Oza.
Fundación de Comar.
Rehabilitación da antiga Real Maestranza de Artillería como sede do reitorado da Universidade.

1995
Francisco Vázquez reelixido alcalde por maioría absoluta do PSOE. 
Inauguración da Torre de Control Marítimo. 
Inauguración do centro de saúde de Elviña-Mesoiro, de Noguerol e Díez. 
Inauguración dos novos xulgados nos Mallos, de Xosé Bar Boo. 
Inauguración do Museo de Belas Artes en Zalaeta, de Manuel Gallego. 
O R. C. Deportivo de La Coruña gaña a Copa de S. M. El Rey de fútbol.
Apertura do centro universitario privado CESUGA, asociado ao colexio Obradoiro.

1996
Inauguración da nova terminal do aeroporto. 
Créase a Fundación Luís Seoane. 
Inauguración do centro de saúde do Castrillón, de Antonio Amado.
Inauguración do Centro Comercial Los Rosales cun Pryca anexo, hoxe Carrefour.
Apertura da A-6 entre Arteixo e a AP-9. 
Desastre do vertedeiro de RSU de Bens.
Rehabilitación do faro de Oza.

1997
Rehabilitación de tranvías históricos para servizos turísticos polo paseo marítimo. 
Apertura da prolongación da autoestrada AG-55 até Carballo. 
Peche do Cine Avenida.

1998
Conclúe a reforma do Estadio Municipal de Riazor. 
Traslado de La Voz de Galicia a Sabón, Arteixo. 
Novo Hospital Marítimo de Oza, de Andrés Reboredo e Albert Pineda. 
Pavillón das Colonias rehabilitado como Facultade de CC. Sáude, de M. de las Casas. 
Inauguración do centro de saúde dos Mallos, de Noguerol e Díez. 
Creación do evento anual de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico.

1999
Francisco Vázquez reelixido alcalde por maioría absoluta do PSOE. 
Inauguración do Parque de San Diego. 
Inauguración do Parque do Monte de San Pedro. 
Inauguración do Aquarium Finisterrae.
Inauguración da Praza do Tebeo e o seu aparcamento soterrado. 
Fundación da empresa R Cable y Telecomunicaciones Galicia S. A. 
Peche do Cine París

2000
Primeiro número do xornal La Opinión A Coruña
O RC Deportivo de La Coruña remata a temporada como líder da 1ª División da LFP.
Inauguración do pavillón polideportivo municipal de San Diego.

2001
Inauguración do Obelisco Millennium na costa de Labañou. 
Inauguración do Parque de Bens.
Reinauguración do vello Hospital Militar como Abente y Lago.

2002
A Real Fábrica de Tabacos cesa a súa actividade. 
Inauguración da planta de compostaxe de Nostián. 
Inauguración da Casa Museo Picasso. 
Inauguración do centro de saúde de Matogrande, de Enrique Rodríguez García. 
Rehabilitación da Casa Museo de María Pita, de Arturo Franco Taboada. 
O R. C. Deportivo de La Coruña volve gañar a Copa de S. M. El Rey de fútbol.
Marea negra na costa polo afundimenteo do petroleiro Prestige.
Conclusión da A-6 Madrid-Coruña.

2003
Francisco Vázquez reelixido alcalde por maioría absoluta do PSOE. 
Nova Facultade de CC. Económicas e Empresariais da UdC, de Manuel Gallego. 
Inauguración da nova sede da Fundación Luís Seoane, de Creus e Carrasco. 
Inauguración do Parque de Eirís.
Inauguración do Centro Cívico dos Mallos.
Inauguración da Ronda de Monte Alto.
Conclusión da AP-9 até Tui e Ferrol.
Entra en servizo o apeadeiro ferroviario Elviña-Universidade, na liña Coruña - Palencia.

2004
Inauguración no porto da nova Lonxa do Muro, de César Portela.
Inauguración do tramo do paseo marítimo no Portiño.
O RC Deportivo de La Coruña cae nas semifinais da UEFA Champions League.

2005
Inauguración do novo Palacio de Exposicións e Congresos no porto. 
Peche dos Multicines Chaplin
Primeira pedra do porto exterior en Punta Lagosteira, Arteixo. 
Rematan o predio administrativo da Deputación en Labañou, de QRC.

2006
Francisco Vázquez deixa a alcaldía e asume o cargo de embaixador. 
3ª reinauguración do Mercado Eusebio da Guarda, de Jacobo Rodríguez Losada. 
Inauguración da nova sede da Fundación Caixa Galicia, obra de N. Grimshaw. 
Peche dos Multicines Equitativa. 
Conclúe a rehabilitación do Teatro Colón. 
Inauguración da escola infantil dos Rosales, de Díaz & Díaz.
Inauguración do Parque de Vioño.

2007
Javier Losada elixido alcalde co apoio do BNG, que entra no goberno. 
Apertura ao tráfico do túnel entre Eirís e Matogrande. 
Inauguración do ascensor ao Monte de San Pedro. 
Inauguración da Casa da Auga, de X. M. Casabella. 
Inauguración das oficinas do Ministerio de Fomento en Elviña, de A. Franco Taboada.
Fusión de Fadesa con Martinsa, Manuel Jove abandona o grupo.

2008
Inauguración do recinto feiral municipal Expocoruña, de Collarte. 
Inauguración da biblioteca e centro cívico municipais dos Rosales, de Óscar Pedrós. 
Rehabilitación e humanización das pequenas prazas no Orzán, Pescadería e Atochas. 
Inauguración fronte a Torre de Hércules da escultura Afonso IX, de Creus e Carrasco. 
Inauguración da sala Xoana Capdevielle, de J. Garitonaindía e J. M. Bermúdez.
Inauguración do Bulevar del Papagayo.

2009
Apertura completa da plataforma para a LAV ferroviaria entre Coruña e Santiago. 
A Torre de Hércules é declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. 
Construción da Casa Mercedes en Cidade Xardín, de Creus e Carrasco. 
Inauguración da escola infantil de Novo Mesoiro, de Óscar Pedrós.
Inauguración do Centro Comercial Espacio Coruña en Someso.

2010
Desaparece Caixa Galicia após a súa fusión con Caixanova. 
Inauguración do centro de saúde de Novo Mesoiro, de HIVAS Arquitectos.
Inauguración da Praza dos Mariñeiros na Agra do Orzán.
Inauguración da escultura ao río de Moinelos, de Manuel Ferreiro.

2011
Inauguración do Parque de Oza. 
Inauguración do centro cívico municipal Ágora, de Rojo e Fernández-Shaw. 
Inauguración da Área Científica do Parque Tecnolóxico da UdC, de César Portela. 
Inauguración da escola infantil e "centro de día"de Eirís, de Carlos Quintáns. 
Chegada da tracción eléctrica e primeiro tren de Alta Velocidade a San Cristovo desde Ourense.
Inauguración do primeiro tramo da V-14 (Terceira Ronda) entre o Peruleiro e a AC-522.
Inauguración do primeiro tramo da AC-14: A-6 - Zapateira e novo acceso ao aeroporto.
Inauguración do Centro Comercial Marineda City.
Conclúe a humanización da Praza de España.
Carlos Negreira elixido alcalde por maioría absoluta do Partido Popular.
Fúndase NCG Banco, resultado da fusión das caixas, que logo sería Abanca

2012
Inauguración do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología, de Acebo y Alonso. 
O Banco Popular merca o Banco Pastor
Construción da sede da Fundación Juana de Vega, de Creus e Carrasco. 

2013
Morre Rosalía Mera, cofundadora de Inditex. 
Remátase o CICA no Campus de Elviña, de Vázquez Muíño e Ángel Rico.


2014-actualidade: Reinado de Filipe VI

2014
Fundación da plataforma política Marea Atlántica.
Inauguración do aparcamento soterrado do Parrote.
Inauguración da nova sede de Padre Rubinos a cargo da Fundación Amancio Ortega.
Constantino Fernández Pico elixido novo presidente do RC Deportivo de La Coruña.

2015
Posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade ferroviaria entre Coruña e Vigo.
Apertura completa da AC-14 e conexión coa V-14 (Terceira Ronda).
Inauguración do aparcamento soterrado baixo a Praza das Conchiñas.
Inauguración do Centro Cívico da Cidade Vella, no antigo Goberno Militar.
Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, elixido alcalde co apoio de PSOE e BNG.
Collazo e Jove adquiren a empresa téxtil Caramelo.
Reinicio da actividade de Caramelo no polígono de Vío.
Deruban a torre de AT eléctrica que coroaba o castro de Elviña desde 1965.
Posta en servizo da ampliación da pista do Aeroporto de Alvedro.

2016
Apertura da prolongación da AG-55 até Baio (Zas). 
Apertura completa do túnel da Mariña.
Apertura da autoestrada de acceso ao porto exterior (AC-15) desde a AG-55.
Conclúe a peonalización da Mariña e o Parrote.
Peche da empresa téxtil Caramelo.
Apertura do Parque Adolfo Suárez en San Pedro de Visma.
Inauguración da Sala Pelícano no CC Los Cantones Village.

2017
Por primeira vez unha entidade privada -ABANCA- patrocina o nome do Estadio Municipal de Riazor.
Reapertura da vella Real Fábrica de Tabacos como dependencias xudiciais.
Morre Alberto Martí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario