Páxinas

2 de dec. de 2013

Avenida de Martínez Salazar nos anos '20

I Catálogo da colección de postais do arquivo do Concello da Coruña

Andrés Martínez Salazar, nado en Astorga o 8 de febreiro de 1846 e falecido na Coruña o 6 de outubro de 1923, foi un editor do rexurdimento galego.
Tras realizar os seus estudos nas cidades de Oviedo e Madrid ingresou no corpo de arquiveiros. En 1872 pasou a dirixir o Arquivo Histórico de Galiza da Coruña. Nesta cidade entrou en contacto co mundo cultural galego, publicando varios traballos sobre temas históricos e filolóxicos. A súa labor editorial foi fundamental para o desenvolvemento da literatura galega do Rexurdimento. Ademais de textos propios da tradición literaria como a Crónica Troiana, a versión galega das Partidas de Afonso X o Sabio ou as Proezas de Galicia de Xosé Fernández de Neira, tamén pasaron pola súa imprenta Los Precursores de Manuel Murguía, El Idioma Gallego de Antonio de la Iglesia, Aires da Miña Terra de Manuel Curros Enríquez ou Queixumes dos Pinos de Eduardo Pondal, dentro da colección Biblioteca Gallega que el mesmo fundou. 
Por outra parte, foi director da revista Galicia e, á morte de Manuel Murguía, foi nomeado presidente da Academia Galega. Así mesmo, en 1889 foi nomeado polo concello da Coruña primeiro cronista oficial da cidade. 
Escritor ocasional en lingua galega, a día de hoxe só se conservan catro versos e mais unhas liñas en prosa escritas nesta lingua.

Fonte: Wikipedia 

Ningún comentario:

Publicar un comentario